martes, 15 de septiembre de 2015

Criterios de Evaluación y Calificación




OIE


Contidos e temporalización



1ª avaliación


1º Bloque: Emprender, Emprendedores, Ideas e Proxecto

1.1 Emprender como necesidade persoal e social. O Autoempleo.

1.2 O emprendedor.Habilidades emprendedoras

1.3 As Ideas

1.4 Fontes e avaliación de Ideas

1.5 A transformación da Idea en Proxecto

1.5.2 O Proxecto



2º Bloque: Desenvolvemento dun proxecto. Plan de empresa

2.1 Descrición do proxecto/Idea

2.1.1 Datos do proxecto / Idea

2.1.2 Obxectivo

2.1.3 Datos dos promotores

2.1.4 Contorna

2.2 Elementos do proxecto

2.2.1 Destinatarios

2.2.2 Comunicación

2.2.3 Distribución

2.2.4 Recursos

2.2.4.1 Recursos humanos e organización



2ª avaliación

2.2.4.2 Recursos materiais

2.2.4.3 Recursos financieros

2.3 Plan de actividades

2.3.1 Descripción de actividades. Plan de producción

2.3.2 Cronograma: Calendario

2.4 Orzamento

2.4.1 Ingresos

2.4.2 Gastos

2.4.3 Plan de cobros e pagos

2.5 Viabilidade

2.5.1 Viabilidade Persoal/Institucional

2.5.2 Viabilidade Técnica/Comercial

2.5.3 Viabilidade da Contorna

2.5.4 Viabilidade Financiera



3ª avaliación

3 Bloque 3: Execución do proxecto. Avaliación e Control
3.1 Posta en marcha

3.1.1 Formas xurídicas

3.1.2 Trámites e obrigas

3.1.3 Relacións co mundo laboral

3.2 Memoria e avaliación do proxecto

3.3 Conclusión

3.3.1 Control do proxecto

3.3.2 Avaliación e propostas de mellora.



Metodoloxía
A materia carece de libro de texto de modo que a ferramenta de traballo serán os apuntes que os alumnos/as deben coller na clase das explicaciones do profesor. A participación diaria dos alumnos/as durante as clases será fundamental, aportando e discutindo ideas, realizando exercicios prácticos etc. A aprendizaxe por problemas (PBL) será un principio metodolóxico utilizado frecuentemente, así desarrollando traballos en equipo (grupos de 2 a 4 alumnos/as) e facendo a súa respectiva exposición na clase os alumnos traballarán as competencias básicas.



Criterios de calificación

Debido á variabilidade de contidos non se considera a avaliación continua como método para superar a materia, polo que os alumn@s terán que superar as tres avaliación para superar a asignatura.

A nota final de cada avaliación obterase da seguinte maneira:
Actitude e participación 10 %
Conceptos e procedementos 20 % Probas escritas
70 % Traballo e exposicións oral do proxecto

Actitude e participación: a actitude positiva e a participación activa nas clases constituirá un 10% da nota da avaliación, é dicir, poderá ser de 0 ata 1 pto. na nota media da avaliación. As faltas de actitude serán penalizadas coa pérdida de 0,1 ptos. ata un máximo de 10 faltas por avaliación que suporá a pérdida total de puntuación positiva por actitude.

Probas escritas: farase unha proba escrita por avaliación que puntuarase de 0 a 10 ptos. e constituirá o 30% da nota final de avaliación.

Presentación dos exames escritos.
1. Terán que ser feitos sen faltas de ortografía e cunha expresión e presentación axeitadas
2. Terán que ter marxes (laterais e superior e inferior).
3. Só se poderán realizar con bolígrafo azul ou negro. Calquera outra color ou lapis invalidarán o exercicio ou traballo.
4. Non se poderá empregar ningún tipo de corrector.
5. Evitarase facer borróns nin tachaduras.
6. A aparición de debuxos ou comentarios alleos á asignatura considerarase falta grave e reducirán a nota ata un máximo de 5 puntos.

Traballos e exposicións orais: o longo da avaliación o alumn@ presentará os traballos escritos que lle indique o profesor así como realizará as exposicións orais indicadas, ben de modo individual ou preferiblemente en grupos de traballo.

Criterios de avaliación
-Recoñecer a importancia do espírito emprendedor e valorar a súa contribución á comunidade como xerador de riqueza.
-Describir as características básicas do emprendedor, diferenciando as calidades persoais, as habilidades, sociais e as habilidades directivas.
-Descubrir e identificar as capacidades potenciais propias e as características do medio socio-laboral, para establecer obxectivos persoais e profesionais de futuro
-Identificar a importancia da planificación dos proxectos emprendedores, coñecer os elementos fundamentais que a integran e desenvolver proxectos e iniciativas persoais e profesionais.
-Valorar a importancia dos procesos de avaliación e das reflexións finais trala execución dos proxectos.
-Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas de uso habitual e transmitir mensaxes escritas ou orais nunha lingua estranxeira.
-Coñecer os trazos básicos das principais formas xurídicas das empresas e valorar especialmente os tipos de empresas de economía social.
-Concretar diversos procedementos para a xeración de ideas emprendedoras, así como distintos métodos para seleccionalas e facelas madurar.
- Describir as características básicas do emprendedor, diferenciando as calidades persoais, as habilidades sociais e as habilidades directivas
- Identificar a importancia da planificación dos proxectos emprendedores, coñecer os elementosfundamentais que a integran e desenvolver proxectos e iniciativas persoais e profesionais.
- Comprender o concepto de empresa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como asenté xerador de riqueza e motor económico.
-Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas de uso habitual.
- Saber elaborar un “plan de empresa”: describi-lo proxecto e seus elementos, saber realizar o plan de actividades, saber elaborar presupostos, balances e plans de cobros, saber estudiar a viabilidade do proxecto
- Poñer en marcha o proxecto: identificar as diferentes formas xurídicas, coñecer as diferentes trámites burocráticos e obrigas fiscais.
- Saber elaborar a memoria final de a avaliación do proxecto. Valorar a importancia dos procesos de avaliación e das reflexiones finais trala execución dos proxectos e realizar, se procede, as propostas de mellora

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada